遇见数据集

O accidente do Air India 171 e a verificación dixital: o papel das redes sociais, IA e fact-checking na información xornalística

收藏
Zenodo2026-06-08 更新2026-06-12 收录
官方服务:

资源简介:

Información relevante Os arquivos publicados neste repositorio forman parte do Traballo Final de Grao (TFG) titulado "O accidente do Air India AI-171 e a verificación dixital: o papel das redes sociais, IA e fact-checking na información xornalística", presentado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, elaborado por Uxía Fernández Lago e Lena Costas Moldes, baixo a titorización de Jorge Vázquez Herrero, para a obtención do Grao en Xornalismo. Descrición dos Anexos O arquivo inclúe as táboas de datos utilizadas na análise de discurso e na análise cuantitativa da investigación. O primeiro anexo corresponde á análise do discurso, cuxa mostra está formada principalmente por verificacións de fact-checking procedentes das principais axencias internacionais e das pertinentes da India, así como de institucións do mesmo país. Estas publicacións foron localizadas mediante buscas directas nos propios sitios web das axencias e institucións, filtrando ou buscando pola data do accidente. Pola outra banda, a mostra da análise cuantitativa foi seleccionada en redes sociais, mediante fórmulas con operadores booleanos nas plataformas que o permitían, e mediante unha busca por hashtags e etiquetas naquelas que non admitían dita opción. Todas as publicacións analizadas forman parte das primeiras 72 horas tras o accidente, e cada anexo corresponde a unha rede social: YouTube, TikTok, Instagram e X (Twitter). Os datos foron rexistrados entre o 2 de abril e o 21 de abril de 2026.

提供机构:
Zenodo
创建时间:
2026-06-08
二维码
社区交流群
二维码
科研交流群
商业服务